Skip to main content
Guitiriz

Parga desfrutou dunha nova edición da Feira da Cantería, Callos e Artesanía

Por 17 Xullo, 2023Sin comentarios

Parga desfrutou este domingo dunha nova edición da Feira de Cantería, Callos e Artesanía, que tivo lugar na Carballeira da localidade. Centos de persoas acudiron un ano más da desfrutar da gastronomía e das tradicións da parroquia de Guitiriz.

A xornada comezou ás 08:30 horas coa chegada dos canteiros e a elección de pedras co lanzamento de Bombas e apertura do XXV Certame de Cantería, para posteriormente, ás 10:00h, realizará a apertura da mostra de artesanía. Durante todo o día estiveron traballando nas súas pezas 14 canteiros e canteiras.

O gañador foi Juan Vázquez Pérez, seguido de Marcos Escudero Pérez e Nicolás Ricón Luis. Moita música para amenizar a mañá, que se completou co Campionato Galego de Andadura Federada 2023, con premios para as categorías cabalos xóvenes, menos e máis de 150 serrada e chapeada e sub 16.

Durante a xornada tamén houbo venda de callos.