Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz prohibe encher piscinas coa auga da traída

Por 19 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz informou aos veciños que queda prohibido encher piscinas coa auga da traída, polo escaso caudal que presentan os mananciais durante estes meses de verán. O alcalde, Roberto García Pernas, constatou estas restricións que xustifica porque “os mananciais baixaron moito e escasea a auga”.

Os concellos recibiron información de que a seca pode empeorar moito para a maior parte dos subministros de auga.

A alcadesa, Marisol Morandeira, pediu aos veciños que fagan un uso adecuado da auga por responsabilidade.