Skip to main content
Meira

Meira acolle o vernes unha nova edición da Festa da Panceta

Por 19 Xullo, 2023Sin comentarios

Seguindo o éxito do ano pasado, regresan a Meira, esta vez fóra do programa das festas patronais, os Cantos de Taberna, unha actividade que serve de animación na localidade á que seguirá a Festa da Panceta na que a partir das 21.30 horas na praza Maior haberá unha degustación desde produto por 2.50 euros con caña de cervexa incluída por 1 euro.

Nesta celebración colaborarán diferentes locais de hostalaría do Concello meirense e servirá tamén para animar as xornadas dos venres, no que se teñen lugar diferentes concertos ás 20.30 horas dentro do programa Venres Musicais e Verán de Lecer.

Este venres será a vez dos clarinetes e vento metal das escolas de música, que actuarán na praza do Convento para seguir a festa da panceta ata a medianoite.