Skip to main content
Meira

A Banda de Meira celebra cun festival este sábado os seus 20 anos de vida

Por 21 Xullo, 2023Sin comentarios

Este sábado, 22 de xullo, a Banda de Música de Meira celebrará o día grande do seu 20 aniversario cun festival de bandas de música.

Xunto a este acto, recuperarán unha actividade, a recepciòn das bandas diante do concello. Estas farán un pequeno pasacalles polo paseo central ata chegar ao concello onde serán recibidos polo alcalde, Antonio de Dios.

Será ás 20.15 coa posterior chegada a igrexa pra comezar o concerto as 20.30. Na actuación na Igrexa de Meira ás 20:30 horas, participarán as bandas de Foz, Ribadeo e Meira.

Ademais, a banda prometeu ao seu público que esa noite haberá moitas sorpresas. Polo de pronto anunciaron que teñen xa gravado un disco que se presentará o 4 de agosto na igrexa de Meira, coa colaboración do Concello de Meira. Participaron na gravación “grandes cantantes, obras complexas, bailables e música que leva moita moita moita ilusión”, explica o seu director.

Consulta a reportaxe que fixemos á Banda de Meira neste enlace.