Skip to main content
Meira

Meira continúa co ciclo de proxeccións de cine dos mércores de verán

Por 24 Xullo, 2023Sin comentarios

Este mércores, 26 de xullo, continúa en Meira un Ciclo de cinema Ciclo Mestre Mateo. Está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo.

A Asociación cultural M de Meira, xunto co Concello de Meira, colaboran poñendo os medios para que se poida ver no concello e seguirán as proxección mañá co filme No somos nada, documental do director Javier Corcuera que narra o retorno e despedida do grupo Punk euskaldún La Polla Records.

Tras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde a súa pel de punk aldeán. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Mil e un concertos quedan no recordo.

Este filme foi nominado ao Mestre Mateo ao Mellor Documental.

As proxeccións, que son ás 22.00 horas na casa da cultura baixo o título Mércores de Cine, continuarán o próximo mércores na localidade.