Skip to main content
Meira

Meira acolle a fin de semana a primeira Carabanfest

Por 26 Xullo, 2023Sin comentarios

O sábado 29 e o domingo 30 terá lugar en Meira por primeira vez unha Concentración de Caravanas, que se celebrará na Área de Caravanas e Campa do Plantío, con actividades durante os dous días aproveitando as nova instalación.

Aínda que a recepción será oficilmente o venres 28 os actos comezarán o sábado 29 ás 11:00 cunha ruta de sendeirismo Andainas con Avelino Díaz, guiada pola asociación Poeta Avelino Díaz, e cunha duración de 4km aprox. Continuarán cunha sesión vermú amenizada por Verónica Cambón.

Así mesmo, celebrarase a Festa do Chourizo á brasa, panceta e cervexa, a un prezo de 5 euros por persoa.

Haberá carpa e tamén postos de artesanía popular para pechar a xornada a música de Verónica Cambón de novo.

O domingo repetirán ruta, pero nesta ocasión será ao Pedregal de Irimia, onde está situado o nacemento do Miño, a partir das 9.30 horas.

Ás 11.00 farán unha visita guiada ao antigo mosteiro cisterciense de Santa María e á vila de Meira.

Para participar é obrigatoria a inscrición, que pode facerse a través de Miguel (606 996 080) e Carlos (620 989 550).