Skip to main content
Muras

Muras abre a inscrición para os campamentos de verán que se inicia en xullo

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras repite este ano a súa aposta pola conciliación polo que organizará este verán unha vez máis campamentos dirixidos a menores de entre 3 e 16 anos.

Neste campamento traballaranse xogos e dinámicas de distensión e cohesión grupal, dinámicas de intelixencia emocional e habilidades sociais, así como actividades musicais e de expresión corporal. Haberá, polo tanto, obradoiros manuais, actividades de igualdade, xogos e xincanas e xogos predeportivos.

A rapazada só ten que levar roupa e calzado cómodo e unha mochila cunha pequena merenda e auga para o descanso de media mañá.

Os campamentos celebraranse por quincenas entre o 10 de xullo e o 31 de agosto. O horario é de mañá, de 10 a 14 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto e pechará o xoves 6 de xullo. Esta pode facerse en sede virtual ou a través do teléfono 982 500 001.