Skip to main content
Muras

Retoman as xornadas de observación de ceos en Muras

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación Fotografa Ferrolterra organizan en Muras unha noite gratuíta de observación astronómica para familias na noite do 8 ao 9 de xullo, con acampada incluída se se desexa.

O lugar elixido é un emprazamento único en Galicia, xa que o ceo desta localidade lucense conta co distintivo de Destino Turístico Starlight polos seus baixos niveis de contaminación lumínica.

O programa de actividades comezará ás 20:00 horas, coa distribución dos espazos de acampada, que estará seguido pola charla sobre telescopios e aparellos de observación a cargo do coordinador xefe da sección de astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Marcos López, ás 20:45 horas.

Ás 21:20 horas os asistentes realizarán unha parada para cear, que correrá a cargo de cada un deles. A actividade continuará cunha charla ás 22:30 horas sobre a contemplación dos ceos impartida por Paulino Gasalla, da SGHN, e co que será a última e unha das partes máis esperadas da noite: unha actividade de fotografía e observación con telescopios ás 00:00 horas.

Aquelas nenos e nenas, acompañados polos seus proxenitores, que desexen pernoitar no lugar poderán facelo e na mañá gozarán dun almorzo tamén gratuíto a cargo da organización.

As inscricións deberán formalizarse neste enlace.