Skip to main content
Muras

Está aberto o prazo de matrícula para o PAI de Muras, que fará tres días de portas abertas

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2023-2024. Este será o sexto ano escolar que estará en funcionamento aínda que no primeiro só estivo uns meses.

O PAI de Muras conta cun número de prazas reducido cunha metodoloxía de calidade por proxectos.

O prazo de presentación remata o 15 de xullo e ten que facerse no rexistro do Concello nas Oficinas Xerais, con consulta previa se se desexa no teléfono 982 500001. Ou tamén no rexistro electrónico do Concello.

As persoas que desexen coñecer o centro poderán asistir ás xornadas de portas abertas organizadas os días 7, 10 e 11 de xullo, entre as 11.30 e as 12.30 horas.