Skip to main content
Muras

Muras acolle un faladoiro concerto de rock en galego

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

A área recreativa da Veiga acolle este sábado, ás 18.00 horas, un faladoiro-concerto con Zënzar, unha actuación de rock en galego cun percorrido dende os anos 60 ata a hoxe xunto con Pakolas (guitarra e voz)+ Xose Antón Bocixa Rei (cantante)+ Laura Romero de Músicas Galegas Ilustradas, baixista e autora do cartaz.

Laura protagoniza o faladoiro co público sobre a historia da música e o papel que xogaron e xogan as mulleres e tamén o ilustrará con música en directo.

Esta actuación é de balde para todos os públicos.