Skip to main content
Muras

Muras acolle o sábado unha nova edición do Trail das Bestas

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras, organizador do Trail das Bestas, acolle este sábado, 15 de xullo unha nova edición desta proba deportiva, que contará con 265 participantes. Este cambiou a data orixinal, prevista para o domingo 16, porque coincidía coa festividade do Carme, que se celebra moito na zona.

A que será a sexta edición do maratón volverá ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece tres distancias diferentes e disciplinas. Xa que serán o maratón, 27 quilómetros e 15 quilómetros para corredores e esta última distancia será a que se faga por parte dos que realicen a andaina.

Como novidade deste 2023 o percorrido do 15k e andaina será totalmente novo. Tamén será lineal, polo que transportarase aos corredores á saída en buses, igual que se fará no 27k. Este último terá a saía nos Coruxos e o curto desde Escourido, desde onde sairá tamén a andaina.

Así, os da Maratón terán a saída en Muras, na área recreativa da Veiga. A hora de saída é ás 8.00 horas. A carreira de media distancia, ten a súa saída prevista ás 9.30 horas e a segunda ás 10.15 horas un minuto antes de que arranque a andaina.

A entrega de premios do percorrido curto será ás 13.30 horas pechando a edición ás 15.00 horas.

Tamén se establecen dúas categorías, absoluto e veterano (este último para maiores de 46 anos). Non existe a categoría senior. Os premios absoluto e veterán son acumulativos. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías.