Skip to main content
Muras

O trío Detrés actúa este sábado en Muras

Por 21 Xullo, 2023Sin comentarios

Muras acollerá este domingo unha nova actividade dentro do programa Dinamiz-ARTj.

Será este sábado, 22 de xullo, ás 17.00 horas na área recreativa da Veiga de balde para todas as idades.

Trátase do espectáculo Máis Ritmo, do trío Detrés. Música e humor para todos os públicos, o trío perfecto e mellor combinado: Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto, tres músicos con percorrido e oficio que unen forzas e talentos.

Ofrecerán temas orixinais, versións de cancións populares e sobre todo ganas de facer rir e pasalo ben.