Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes TERRACHÁXAMurasViveiro

Muras acollerá o 6 de agosto a segunda edición da Mini BTT

Por 25 Xullo, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

Tralo éxito da primeira edición, o Club Ciclista Viveiro volve celebrar no concello de Muras unha nova edición da Mini BTT, que terá lugar o domingo 6 de agosto, adiantándose un mes á data da primeira edición.

A competición arrancará ás 10.00 horas para as categorías prebenxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís.

A inscrición é gratuíta para todos os deportistas federados mentres que os non federados deberán pagar 5 euros. Para inscribirse hai que facelo no facebook do club organizador ou na web da Federación Galega de Ciclismo. O último día para inscribirse é o 2 de agosto.