Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Centos de persoas participaron no Convivio da Cultura Galega de Outeiro de Rei

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

Centos de persoas celebraron en Outeiro o X Convivio da Cultura Galega, o encontro anual do asociacionismo cultural de base. A xornada estivo presidida polo ambiente festeiro que encheu a Carballeira de Santa Isabel desde pola mañá, onde as persoas asistentes puideron gozar coas actuacións da Banda de Música Sons e Soños acompañada pola fadista galega Iria Estévez o guitarrista portugués Artur Caldeira e a foliada, conducida por Xurxo Souto, que serviu poara poñer o colofón ao convivio.

Por décimo ano consecutivo, a Casa Museo Manuel María acolleu a xuntanza das asociacións que integran a Federación Galiza Cultura. Tamén se celebrou unha ofrenda a Manuel María e Saleta Goy no cemiterio de Outeiro.

Manuel Ansede, presidente da Fundación de Estudos Galegos Manuel María e co organizador do convivio desde a primeira edición quixo salientar a “boa acollida” desta iniciativa que “equilibra festa e cultura”. Nos dous eidos aprecia unha evolución nestes dez anos “no cultural pasou de ser un lugar de intercambio de expereincias a un lugar no que xorden iniciativas de traballo conxunto; no ámbito da festa traballamos para visibilizar unha pluralidade de expresións artísticas saídas das entidades de base”.

O encontro está organizado pola Casa-Museo Manuel María e a Federación Galiza Cultura, co apoio da área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.