Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Isabel Seidel faise co primeiro premio do certame de pintura rápida de Rábade

Por 9 Xullo, 2023Sin comentarios

Pechou este sábado o concurso de Pintura Rápida de Rábade coa participación de 22 artistas e un primeiro premio que se levou Isabel Seidel, que recibirá 1.200 euros pola obra na que representa un dos arcos da ponte medieval.

O segundo premio, dotado con 800 euros, foi para Benigno Rodríguez Sánchez,  e o terceiro para Abraham Pinto Mendoza, que terá 600 euros. Ademais, Óscar Hernán Mínguez recibe 500 euros.

Tamén houbo accésist para Miguel Tierra Rodríguez, Miguel Anxo Varela Díaz e José Luis Riestra Alonso.

Os premios foron entregados pola nova alcaldesa da localidade, Remedios González no centro sociocultural.