Skip to main content
Vilalba

Comezan os campamentos municipais de Vilalba

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

Un total de 30 nenos e nenas de 5 a 12 anos participan na primeira quenda dos campamentos de verán municipais do Concello de Vilalba. Esta primeira quenda rematará o 28 de xullo tras un total de 19 xornadas.

O Concello de Vilalba busca, con estes campamentos de verán, “favorecer a conciliación familiar, e, ao mesmo tempo, a convivencia entre a cativada”, afirma a alcaldesa, Elba Veleiro.

As diferentes actividades das xornadas servirán para fomentar valores como son a solidariedade, o traballo en equipo, o esforzo, o respecto ao medio ambiente ou o contacto coa natureza. Farano, ademais, “dun xeito diferente ao do curso escolar, cun amplio programa que combina as actividades de carácter máis educativo con outras de carácter lúdico”, engade Veleiro.

Entre a programación desta primeira quenda dos campamentos de verán municipais destacan as visitas que os nenos e nenas realizarán ás Pontes, ao Aquapark de Cerceda ou á Cidade das Formigas en San Clodio, Outeiro de Rei. Tamén haberá xogos, obradoiros de temáticas diversas e diferentes actividades deportivas.