Skip to main content
Vilalba

Cortan o tráfico tres días na Pravia polas obras

Por 9 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba informou á veciñanza de que a rúa da Pravia permanecerá pechada ao tráfico o luns 10 de xullo, martes 11 e mércores 12 desde as 08:00 ás 20:00 horas polos traballos de pulido do novo aglomerado.

As tarefas que se están levando a cabo na rúa obrigan a cortar o tráfico e prohibir o estacionamento. O Concello fixo chegar aos veciños as desculpas polas molestias que poidan ocasionar.

Esta medida tómase no momento no que continúa o debate entre os veciños pola decisión de Vilalba Aberta de cambiar de sentido de circulación esta vía, tal e como anunciara durante a campaña electoral. Deste modo, os vehículos circularán cara a praza de Suso Gayoso desde Campo de Puente e Plácido Peña, ao contrario que na actualidade.

Esta nova medida volve saltar a polémica que se activou no pasado mandato cando se anunciou que a vía ía ser de sentido único. Foi este un dos temas controvertidos do anterior mandato.