Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba presenta a distribución de competencias dos membros do Goberno

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba informa da composición do goberno local para o mandato municipal 2023-2027, despois do pacto de goberno asinado entre as formacións de PSdeG-PSOE e Vilalba aberta.

As áreas de goberno dos concelleiros de PSdeG-PSOE estarán presididadas pola alcaldesa María Elba Veleiro Fernández, que tamén levará Deportes e Promoción da Saúde. Marta María Rouco Seoane será a encargada de Economía e Facenda, Servizos Sociais e Igualdade.

Ademais, Eduardo Vidal Baamonde levará Servizos Públicos Municipais, Réxime Interno e Seguridade Cidadá. Paula Vigo Lamas ocuparase de Feiras e Mercados, Educación, Infancia e Xuventude e Luis Fernández Álvarez de Infraestruturas Urbanas, Medio Ambiente e Espazos Naturais.

VILALBA ABERTA

Modesto Renda Santiso levará Urbanismo, Mobilidade, Infraestruturas Rurais e Desenvolvemento Industrial. Ademais Tamara Rodríguez López ocuparase de Cultura e María Xosé Fernández Pardo de Comercio, Turismo e Promoción da Lingua.

A Xunta de Goberno Local estará composta por Elba Veleiro Fernández; Modesto Renda Santiso; Marta Rouco Seoane; Eduardo Vidal Baamonde; Luis Fernández Álvarez e Tamara Rodríguez López.

Finalmente os tenentes de alcalde serán, por orde, Modesto Renda Santiso, Marta Rouco Seoane, Eduardo Vidal Baamonde, Tamara Rodríguez López e Luis Fernández Álvarez.