Skip to main content
Vilalba

Constituída a primeira Xunta de Goberno Local de Vilalba

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

Elba Veleiro, alcaldesa do Concello de Vilalba, constituíu e presidiu hoxe a primeira Xunta de Goberno Local do novo mandato municipal, na que estableceu o carácter semanal desta reunión.

A Xunta de Goberno Local está composta por Elba Veleiro Fernández; Modesto Renda Santiso; Marta Rouco Seoane; Eduardo Vidal Baamonde; Luis Fernández Álvarez, e Tamara Rodríguez López.

“Comezamos un novo mandato, cunha acción de goberno dirixida a continuar implantando o modelo de concello que desexamos para Vilalba, no que os servizos e as infraestruturas públicas serán prioritarios”, explica Veleiro.

Na reunión de hoxe, aprobouse a relación fiscal do prezo público pola prestación do servizo de comedor na Escola de Educación Infantil; da propia Escola Infantil Municipal (mes de xuño), e do servizo de Madrugadores (mes de xuño). Tamén aprobáronse facturas de gasto corrente.