Skip to main content
Vilalba

Rematan as obras en vías de Nete e licitan outras en Oleiros, Goiriz e Sancovade

Por 14 Xullo, 2023Sin comentarios

O vicealcalde de Vilalba Modesto Renda informou hoxe dunha nova mellora na rede viaria municipal, desta volta na parroquia de Nete.

Os traballos realizáronse no vial municipal que lle da acceso ao barrio do Reboredo e o obxecto dos mesmos foi a apertura e limpeza de noiros, a pavimentación mediante dobre rego asfáltico na superficie e a colocación de sinalización vertical.

Renda, que contrastou o antes, durante e despois da actuación lembrou a importancia dunha obra que da cumprida resposta a unha das principais demandas dos veciños/as da parroquia.

OLEIROS, GOIRIZ E SANCOVADE

Renda anunciou tamén a saída a licitación de varias obras de mellora e renovación de viais nas parroquias de Oleiros, Goiriz e Sancovade.

Concretamente, actuarase nos viais municipais que unen os barrios de Liñares, Gardamil e Cabanas na parroquia de Oleiros; Graduín e Fabas na de Goiriz e no vial que lle da acceso ao barrio de Barbeitas, na parroquia de Sancovade.

Renda, que volveu facer fincapé na necesidade de dar cumprida resposta ás demandas dos veciños/as das parroquias, explicou que a actuación anunciada conta cun orzamento base de licitación de 117.238,80€ e que o total de execución (con IVE) ascenderá aos 141.858,95€, financiándose 115.625€ con cargo ao Agader e os 26.206,95 restante con fondos propios do Concello de Vilalba.