Skip to main content
Vilalba

Besteiro ve na praga das velutinas un exemplo de abandono do rural

Por 15 Xullo, 2023Xullo 17th, 2023Sin comentarios

O número 1 ao Congreso por Lugo denunciou que Lugo perdeu o 40% da súa produción de mel por culpa da praga da velutina, que pon en risco á produción agrícola e aos propios veciños.

“A descoordinación da Xunta pon en perigo a apicultura e a agricultura galega, e fomenta o desequilibrio do ecosistema natural pola posible desaparición da abella común”. Gómez Besteiro alertou dos “perigos desta praga, un exemplo de como o PP abandonou o rural”. Para o socialistas, a praga non só afecta aos apicultores senón a toda a sociedade polo risco que supón a presenza cada vez máis importante de velutinas. “Mentres, a Xunta decide se modifica ou non o seu protocolo de actuación ante un problema que segue sen ser tratado como o que é: unha praga”.

“En Lugo perdeuse o 40% da producción de mel por culpa da velutina e pola inacción do goberno do PP, e a situación non mellora porque este ano xa se retiraron máis de 2.000 niños en Galicia”. Para Gómez Besteiro esta é unha proba máis do pouco que lle importa o rural ao PP, a sostenibilidade e o medioambiente:“Os socialistas denunciamos esta situación porque o PP e Vox negan o cambio climático. O PP desde a etapa de Rajoy xa o negaba. 0 70% da agricultura depende da abella, pola polinización. Fronte o abandono do PP, os socialistas apoiamos máis investigación e avances científicos. Ecosistema sano, abella sana ”, explicou.

O cabeza de lista ao Congreso polo PSdeG-PSOE de Lugo, reuniuse este mediodía en Vilalba coa xunta directiva da Asociación de Apicultura Serra de Carba e achegouse ata as 200 colmeas cos socios. “Mentres Feijóo e Rueda deciden que departamento ten que estar á fronte, son os bombeiros municipais e os propios apicultores quenes en moitas ocasións póñense en risco para retirar os niños de velutinas. Unha vez máis, a Xunta, como fai cada vez que ten que xestionar un problema da súa competencia, mira para outro lado e espera que sexan outras administracións como os concellos quenes fagan o seu traballo. Lembren que é a súa competencia”, denunciou.

Gómez Besteiro lembrou que os socialistas presentaron ao respecto varias iniciativas no Parlamento de Galicia para saber qué pasa co tan anunciado Plan contra as velutinas, “que nin tivo os resultados esperados, nin arranxou o problema da descoordinación que tanto critican os apicultores”. Unha vez máis, dixo, “non hai ninguén ao volante do Executivo galego”.

Fonda preocupación entre o sector

A apicultura, unha actividade en alza no municipio de Vilalba, conta co respaldo do Concello, quen colabora en moitas das actividades que organiza a Asociación Serra de Carba, que naceu, precissamente, pola preocupación que existe dentro do territorio pola invasión da velutina e outras especies invasoras.

Na visita estiveron presentes a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e Eduardo Vidal, candidato socialista ao Congreso.