Skip to main content
Vilalba

Todo preparado para unha nova edición da Romaría da Madalena

Por 17 Xullo, 2023Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Mourence acollerá este sábado, unha nova edición da Romería da Madalena, que dará comezo co oficio relixioso e a procesión ás 13.00 horas na capela do mesmo nome.

Seguidamente terá lugar a sesión vermú, que estará ao cargo do dúo Manu y Alber para dar paso ao xantar popular no que poderán participar todos os veciños que o desexen aínda que teñen que apuntarse con anterioridade.

O menú que se degustará consta de salpicón, churrasco, bebida, sobremesa, café e chupito por un importe de 20 euros para adultos e da metade para os menores de 13 anos.

Na sobremesa faranse os sorteos das tradicionais diferentes cestas de produtos, doadas por empresas da localidade.

A tarde tamén será para os pequenos que terán a súa festa propia a cargo de Picariños, con xogos populares, con merenda. Esta sesión prolongarase ata as 20.00 horas.

A partir das 18.00 a música farase protagonista da xornada ata a medianoite con cargo dos dúos Manu y Alber e Charada.