Skip to main content
Vilalba

Sancovade, en Vilalba, celebra as súas patronais

Por 18 Xullo, 2023Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Sancovade celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Santiago Apóstolo.

Estas darán comezo ás 13.30 horas coa misa e procesión, esta última acompaáda por Ardelle o Eixo, da asociación veciñal.

A sesión vermú, e tamén a verbena contará coa actuación da orquestra Costa Dorada. Ademais, á noite, tamén estará Punto Clave.

O domingo será a misa ás 13.30 horas con procesión. Tanto a sersión vermú como a verbena do domingo estarán a cargo de Salsarena.