Skip to main content
Xermade

Cabreiros celebra a fin de semana as súas patronais

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana, as celebracións patronais na honra a Santa Mariña.

Estas xa arrancarán o venres 7 coa primeira verbena, que estará ao cargo de París de Noia e Marcos Magan, de Verbena FM..

O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida da tradicional procesión e a sesión vermú coa orquestra Los Españoles, que se ocupará pola noite da verbena xunto á New York.

O día 9, a sesión musical estará ao cargo da orquestra Fuego que se ocupará da sesión vermú despois das 13.30 horas, hora da misa, e volverá actuar pola noite coa verbena que porá o punto final ás festas.