Skip to main content
Xermade

Cazás festexa o Carmen esta fin de semana

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

A localidade de Cazás, en Xermade, celebra desde mañá e ata o domingo as festas patronais na honra á Virxe do Carme.

Arrancará a celebración cunha sesión de pinchos gratis ás 22.00 horas para os asistentes á verbena inaugural, a cargo do dúo Venus.

O sábado, haberá misa para abrir os actos festivos, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo de Os Adrianos, o mesmo grupo que actuará na verbena, xunto ao dúo D’Líder.

O domingo Os Adrianos volverá ocuparse da sesión vermú de fin de festa, actuación que terá lugar despois da misa solemne, prevista para as 13.30 horas.