Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

O trofeo da III edición do Emma Cuervo feminino disputouse entre o Oviedo e o Entrerrías

Por 29 Agosto, 2023Agosto 30th, 2023Sin comentarios

O trofeo da III edición do Emma Cuervo feminino disputouse entre o Oviedo e o Entrerrías, resultando vencedor este último cun 2-1. O público asistente gozou dun encontro igualado que mantuvo a tensión ata os últimos minutos.

“Debemos apoiar o deporte feminino como se merece e encher o Pepe Barrera e os pavillóns cando teñamos oportunidades”, dixeron os organizadores do torneo.

O Ribadeo FC, como organizador do Emma Cuervo, comprométese coa organización do trofeo Emma Cuervo Feminino, dando o mesmo trato que o masculino

O trofeo consiste nunha reprodución en cerámica de Sargadelos da Torre dos Morenos e de Illa Pancha, dous iconos de Ribadeo. Este torneo e é o segundo mais antigo que se disputa de forma ininterrompida, por detrás do Teresa Herrera e por diante do Ramon de Carranza.