Skip to main content
Alfoz

A Deputación destina 100.000 euros para mellorar dotacións públicas en Alfoz

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento que supera os 100.000€ para mellorar infraestruturas e servizos públicos dos veciños e veciñas de Alfoz. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen informou dos asuntos tratados na sesión celebrada esta mañá.

García Porto sinalou que esta aportación que fai a Deputación ó Concello, por un total de 107.175,92€, permitirá ao ente local “a instalación unha cuberta na pista de pádel municipal e tamén dotar de mobiliario a antiga vivenda de mestres da escola da Pinguela, na parroquia de Lagoa, rehabilitada como vivenda social”. Esta contía, explicou a voceira socialista, “representa o 95% do total do orzamento necesario para estas actuacións, mentres que o Concello asume 5.640,84€”.