Skip to main content
AlfozBarreirosComarca AMARIÑAXAXove

Varios concellos da Mariña prohiben o uso da auga da traída para usos non prioritarios

Por 7 Agosto, 2023Sin comentarios

Debido ao incremento de consumo de auga potable, xunto coa situación de escaseza de choivas dos últimos meses, estanse a ver afectados os depósitos de abastecemento de varios concellos da comarca, polo que see pode producir insuficiencia de auga.

Por iso dende o Goberno local de Barreiros, Alfoz e Xove decretaron a prohibición de auga da traída municipal para usos non prioritarios desde este mesmo momento.

Estes usos non prioritarios son os regos de xardíns exceptuando as plantacións de añimentos, o enchido de piscinas ou similares, as limpezas de vehículos ou calquera outro uso que non responda ás necesidades básicas de persoas ou animais.

“Trala revisión dos diferentes mananciais que abastecen os depósitos de auga  potable do noso concello e ante a situación de seca prolongada que está a sufrir a maior  parte da nosa comarca, vémonos na obriga de tomar medidas restritivas de carácter  urxente para manter os mínimos niveis imprescindibles necesarios na rede municipal de  auga”, dixeron en Alfoz.

“Polo ben da veciñanza apelamos ao civismo e á responsabilidade de todas as persoas no consumo e uso da auda no día a día”, dixeron en Xove.