Skip to main content
Alfoz

Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea, en Alfoz

Por 7 Agosto, 2023Agosto 8th, 2023Sin comentarios

A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea, en Alfoz, para o próximo martes 8 de agosto.

O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira, a 1ª quenda de 16 a 17 horas, a 2ª quenda de 17 a 18 horas, e a 3ª quenda de 18 a 19 horas.

O prezo da actividade é de 5 euros para os socios da Asociación e 10 euros para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.

As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando a quenda de preferencia, que se respectará ata o límite de 10 prazas por quenda. Cómpre incluír o nome, se é socio ou socia, e mais un teléfono de contacto.

O lugar e a quenda asignada serán comunicados por correo electrónico ás persoas anotadas, dando preferencia á solicitada na inscrición.

Para máis información e detalles sobre esta actividade, pódese contactar coa Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio a través do correo electrónico arriba indicado.

Mariña Patrimonio anima a todas as persoas interesadas en coñecer como se extraía o ouro na antigüidade a participar nesta emocionante actividade, dirixida polo xeólogo Francisco Canosa, nun lugar privilexiado como é a Finca Galea.