Skip to main content
Alfoz

Últimos días para anotarse nas Noites de Campamento de Alfoz

Por 12 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

Dende a Área Delegada de Xuventude do Concello de Alfoz, organízase unha nova edición das Noites de Campamento, dando continuidade a esta iniciativa que tan  boa acollida tivo anteriormente.

Mentres os nenos e nenas de 3 a 12 anos están a gozar do Ludiverán, agora é a  quenda do outro tramo da xuventude un pouco maior. A rapazada de 13 a 17 anos terá  a ocasión de vivir tres días de acampada durante os que se levarán a cabo actividades  de diversa índole, como xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco, piscina…

O prazo para inscribirse nesta actividade comeza o vindeiro día 7 e finalizará o  día 14 de agosto, e poderase facer tanto na Sede Electrónica como na propia Casa do  Concello. Como é habitual, por motivos de organización a actividade terá prazas  limitadas. Esta experiencia está dirixida á persoas nadas entre o ano 2005 e o 2010,  sempre que non teñan os 18 anos xa cumpridos, e será completamente gratuíta.

Os días de acampada serán o 22, 23 e 24 de agosto, e dende o Concello anímase  a participar a todos os rapaces que queiran vivir unha aventura este verán.