Skip to main content
Alfoz

A biblioteca de Alfoz conta con novidades para este vindeiro mes de setembro

Por 28 Agosto, 2023Sin comentarios

A biblioteca de Alfoz conta con novidades para este vindeiro mes de setembro no que desde o venres 1 xa estará dispoñible o carnet de superlector para todos os nenos e nenas que teñan carnet da Rede de Bibliotecas de Galicia e sexan usuarios da Biblioteca de Alfoz. É de balde e nel iranse sumando puntos por cada libro que se leve en préstamo. Unha maneira máis de fomentar a lectura e dinamizar a biblioteca.

A partir do 11 de setembro o horario de apertura ao público será de 15.30 a 20.30 horas de luns a venres.

Ao longo do mes iranse incorporando ao fondo bibliográfico máis de 40 novidades editoriais, en galego e castelán, para todos os gustos e idades co obxectivo de manter actualizada a oferta da biblioteca e dar un bo servizo aos usuarios.

Tamén estará o programa Cultura Pequeniña no que durante dous sábados do mes de setembro e outros dous de outubro haberá obradoiros na biblioteca dedicados aos nenos e nenas e ademais contarán cunha proposta cultural de teatro, contacontos, monicreques ou máxia.
Esta actividades é de 3 a 12 anos, con inscrición previa na biblioteca onde estarán dispoñibles a solicitudes a partir do 13 de setembro. Tamén se enviarán ao CEIP Castro de Ouro.

No mes de setembro previsiblemente estará o programa de Coidado do medio ambiente.

O vindeiro sábado 23 de setembro a biblioteva de Alfoz acollerá unha actividades sobre reciclaxe. Será de 17.00 a 19.00 horas e farán arte con materiais reciclados e da natureza no obradoiro ReciclARTE.