Skip to main content
Burela

O Festival Osa do Mar de Burela 2023 presenta o cartel completo

Por 5 Agosto, 2023Sin comentarios

O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou este mediodía na presentación do cartel do Osa do Mar que se celebrará en Burla os días 1 e 2 de setembro e que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo, entre outros patrocinadores institucionais e privados

Ángel Stanich, Bala&Lúa Mosquetera, Caamaño&Ameixeiras, Catuxa Salom, Carlangas, Eme DJ, Fillas de Cassandra, Grande Osso, Juno, La Paloma, Medio Quinhón, Óscar Fedez&Leo Salinas, Sexy Zebras, Shego, Xoel López e Batuko Tabanka completan o cartel do festival que mantén a aposta por bandas galegas emerxentes xunto a nomes consolidados no panorama indie estatal.

Daniel García subliñou “que o Osa do Mar xurde e que se mantén como unha iniciativa do tecido asociativo local, da Asociación Cultural Fanto Fantini,  algo pouco habitual no mapa de festivais. Para a Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo é prioritario dar apoio ás propostas do asociacionismo e á xente que está detrás delas, e facelo de xeito estable e continuado para que poidan traballar con certezas”.

Tamén valorou “a aposta que fan polas bandas galegas e a música en galego, moi presente  no cartel deste ano. Seguimos precisando ampliar  os escenarios e os altofalantes para as nosas artistas e para a nosa lingua”. A área de Mocidade achega 12.000 euros á organización do Osa do Mar.

Así, a este cartel sumáronse Ángel Stanich, Batuko Tabanka, Catuxa Salom, Eme DJ, Grande Osso, _Juno, Medio Quinhón, Óscar Fédez % Leo Salinas e Xoel López.

“Sen o apoio das institucións non seríamos capaces de sacar adiante o Osa do Mar”, dixeron, “as axudas que tivemos desde o primeiro ano do Concello de Burela e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo este ano, incorpórase cunha colaboración moi importante para nós Xunta de Galicia e o Camino Xacobeo”.

Tamén aclararon que o Festival Osa do Mar de Burela “é un festival sen ánimo de lucro e organizado 100% e desde o inicio pola Asociación Cultural Fanto Fantini”.

PROGRAMA.

O venres no Escenario Vibra Mahou:

Óscar Fedez & Leo Salinas.
Shego.
Fillas de Cassandra.
Sexy Zebras.
_juno
Grande Osso

O sábado:

Sesión Bearmú Paco y Lola:
Catuxa Salóm
Ángel Stanich
Nas Tardes de Peixe (no Barco Museo):
Caamaño&Ameixeiras
Batuko Tabanka
Bala e Lúa Mosquetera.

No Escenario Vibra Mahou:

La Paloma
Xoel López
Medo Quinhon
Carlangas
Eme dj