Skip to main content
Foz

A IX Feira de gando de Cangas de Foz será este domingo

Por 18 Agosto, 2023Agosto 19th, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz organiza a novena edición da Feira de Gando de Cangas, que se celebrará o este domingo, 20 de agosto.

Neste evento haberá diferentes actividades, desde as 10.00 horas, como paseos a cabalo, exposicións de maquinaria e artesanía, e premios aos gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, entre outros actos.

A feira terá lugar na área recreativa dos Castros e contará cunha carpa, na que se poderá degustar polbo á feira, xamón cocido e churrasco, entre outras cousas.

Como todas as feiras deste tipo, haberá premios e carreiras de cabalos de andadura chapeada e andadura serrada.