Skip to main content
FozMar AMARIÑAXA

Rematou o Open de pesca dende embarcación da Ribeira de Foz cunha gran afluencia

Por 16 Agosto, 2023Marzo 23rd, 2024Sin comentarios

A asociación A Ribeira de Foz organizou a nova edición do seu Open de pesca dende embarcación, e que este chegaba a sú quinta edición. Esta cita ía celebrararse o vindeiro 13 de agosto malia por mor do mal tempo tipo que adiarse ao martes 15.

Así os gañadores foron, na 1° embarcación, Esguila 2 e co patrón Luis Burundarena, a 2° embarcación Izar con Javier Sánchez e a 3° embarcación: Mangueiro con Ricardo García.

O peixe máis grande foi para a embarcación Beatriz co patrón Manilas. O premio Lobo de mar, é dicir, o participante máis veterano, recaeu en Salustiano Escalera de 89 anos, o premio A Pesquina, á muller mellor pescadora do concurso, foi para Sabela Arias Sante, e o Lobiño de mar, o máis novo do concurso, levouno Mateo Vázquez de 4 anos. Xa por último a mellor fotografía do certame foi para Aitor Fernández.