Skip to main content
Mondoñedo

O Mercado Medieval de Mondoñedo comeza mañá

Por 10 Agosto, 2023Agosto 11th, 2023Sin comentarios

O Mercado Medieval de Mondoñedo xa está en marcha e este ano chega a súa trixésima primeira edición.

Esta cita celebrarase os días 11, 12 e 13 de agosto e malia que o programa de actividades non está pechado, previsiblemente volverán as que máis tirón teñen como son a exhibición de cetrería, o combate e adestramentos de cabaleiros, o Gran Torneo Medieval, as mostras e os obradoiros e a cea do sábado.

Polo momento xa se sabe que Mircormina estará na preza do Seminario o sábado 12 con Raio de Loubican ás 12.00 horas e o domingo 13 con A familia unida ás 17.00 horas.

Dende o Concello din que seguirase a apostar polos espectáculos que máis gustan como son o torneo medieval, o campamento medieval e infantil, actuacións de rúa durante todo o día, entre outros.

Durante estes días poderase desfrutar tamén de demostracións e vendas de productos artesáns e típicos da terra e algunhas degustacións gratuítas.

O éxito deste evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego, é grazas á implicación de todos os veciños e veciñas de Mondoñedo.