Skip to main content
Mondoñedo

O IES San Rosendo oferta este para este ano o ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural

Por 29 Agosto, 2023Agosto 30th, 2023Sin comentarios

O departamento de agraria IES Plurilingüe San Rosendo oferta este para este ano o ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural.

No San Rosendo combínanse os procesos de ensino e aprendizaxe en empresas cos do centro educativo polo que o seu alumnado ten unha aprendizaxe para a formación de operadores de maquinaria como autocargador ou procesadora entre outros.

O centro mindoniense ofrece un gran abano de oportunidades á hora de realizar a formación práctica e tamén as futuras saídas profesionais. Tamén contan con outro tipo actividades medioambientais como bosques comestibles que ademais de madeira proporciona alimentos e planta menciñeiras, divulgan a agroculturam ensinan a cociñar e porpoñen ideas contra a contaminación.