Skip to main content
A Pontenova

A Festa da Malla da Pontenova seráo sábado 26 de agosto

Por 14 Agosto, 2023Sin comentarios

A VII edición da Festa da Malla da Pontenova, coa que colabora o Concello, terá lugar a carón do Pozo da Ola o sábado 26 de agosto.

Esta cita comezará ás 12.00 horas coa malla e despois haberá unha sesión vermú estará amenizada polo Trío Zafiro quen tamén porá a nota musical pola noite.

O xantar, ás 14.30 horas, terá un prezo de 20 euros para adultos e 12 para nenos, será a base de empanada, xamón cocido, churrasco, chourizos criollos e roxós, bebida, sobremesa e café. Hai que recoller nas tendas e negocios colaboradores da cita o tícket co que ir ao xantar antes do 24 de agosto.

Pola tarde continuarase coa malla e de 20.30 a 21.30 horas haberá música con DJ Bombardero. Máis tarde poderanse desfrutar de bolos preñados e da verbena.

Así as vellas tradicións e oficios non se perden grazas aos veciños e que comezarán a xornada, ao mediodía mallando o trigo, e despois haberá diversas actividades como música folclórica, xogos populares e comidas campestres, para despois continuar o traballo durante a tarde.