Skip to main content
A Pontenova

O Concello da Pontenova comezou a restauración da ruta do Muíño dos Namorados

Por 26 Agosto, 2023Agosto 27th, 2023Sin comentarios

O Concello da Pontenova comezou a restauración Muíño dos Namorados para que nun futuro ademais de ser un lugar clave na ruta homónima, sirva para facer demostracións sobre o uso da edificación.

Estas obras previsiblemente comezarán estes días e consistirán na restauración do muíño por completo e poñer a maquinaria a funcionar como estaba antigamente. Así, nun futuro “podería servir para facer demostracións de como era este tipo de traballo”, din dende o Concello.

Esta ruta do Muíño dos Namorados comeza na desembocadura do regato de O Cairo no río Eo, punto no que tamén se conta coa Ruta do Ferrocarril. Está formada por 2 tramos enlazados, sendo o segundo de eles opcional.

O primeiro tramo é lineal, de 2,4 km (só ida) cun desnivel moi suave e vai seguindo o sendeiro paralelo ó regato de O Cairo, no cal vai facendo unha serie de saltos escalonados debido ós numerosos banzados que nel se levantaron para facilitar o rego dos pratos que antigamente existían nesa zona. Ademais do rego, a auga deste regato tamén se aproveitaba para mover os engranaxes de varios muíños repartidos ó longo deste percorrido, sendo os máis importantes 2 muíños que hai ao final deste tramo, próximos a Figueirarrúa.

O segundo tramo, opcional, é circular de 3,3km de percorrido, e lévanos pola aldea de Figueirarrúa para o que debemos salvar un desnivel moito máis pronunciado que o percorrido ata ese momento. Se nos decidimos por facer tamén este tramo, na parte final, antes de conectar de novo coa ruta principal, podemos ver na Mina de O Cairo, unha das numerosas catas que a Sociedad Minera de Villaodrid fixo estudando a viabilidade comercial mineral do ferro existente na zona.