Skip to main content
Viveiro

Viveiro súmase un ano máis á iniciativa Vacacións en Paz

Por 11 Agosto, 2023Agosto 12th, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro sumouse este ano de novo á iniciativa ‘Vacacións en Paz’, o proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Benestar Social, Lara Fernández Fernández-Noriega, recibiron no concello ás dúas nenas e o neno saharaui, aos que agasallaron con material escolar e didáctico.

“Dende o goberno local levamos moito tempo comprometidos con este proxecto. Cremos que a solidariedade e a cooperación son parte das nosas responsabilidades, ao tempo que vemos nesta iniciativa unha oportunidade tamén para achegarnos e aprender de culturas diferentes”, subliña a alcaldesa, Maria Loureiro García.

En concreto, Viveiro forma parte desde 1996 desta iniciativa solidaria que permite ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras da vila.

“Trátase dunha experiencia de convivencia única e tremendamente enriquecedora, tanto para os nenos acollidos, como para as familias que os acollen”, engade Lara Fernández Fernández-Noriega.