Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Volve o BaixEo e o Faragull-Eo da Pontenova

Por 1 Agosto, 2023Agosto 18th, 2023Sin comentarios

O BaixEo da Pontenova, unha das citas máis divertidas do verán volverá a celebrarse o vindeiro 12 de agosto.

Nesta popular cita cada participante pode levar a cabo o descenso polas augas do río Eo que atravesan a localidade utilizando todo tipo de artiluxios.

Os participantes reuniranse pola mañá na Chousa, na área recreativa do Pozo da Ola para que despois, ás 11.00 horas, sexa a saída ata Piegaponte e ás 12.00 horas cara o coto de Salmeán. Xa ás 14.00 horas será a chegada ao Pozo da Ola.

Como vén sendo habitual, para repoñer forzas despois do esforzo lúdico e deportivo, A Pontenova a aproveita para dar a coñecer unha das súas comidas típicas, os faragullos, que misturan auga, leite, fariña de trigo, ovos e sal nunha masa que se fríe en sarténs. Este ano o Faragull-Eo acada a súa vixésima segunda edición.

Nalgunhas zonas, o río baixa con escaso caudal dado o bo tempo, o que complica a navegación das embarcacións. Participar será necesario inscribirse .

A organización non se fai responsable dos imprevistos que poida xurdir, aínda que por suposto estarán presentes os efectivos de Protección Civil.

O CIT A Pontenova e o Concello son os organizadores desta cita e para máis información, pódese chamar ao 982 342 292.