Skip to main content
BecerreáComarca LUGOXA

Vanse producir afectacións ao tráfico da N-6 pola construción dunha glorieta de conexión coa A-6

Por 21 Agosto, 2023Sin comentarios

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) está a executar as obras de construción da glorieta de conexión da N-6, no punto quilométrico 441+400, co ramal de saída 438 da A-6 en sentido Madrid. As obras non afectan o tronco da autovía A-6.

Para a execución dos traballos, produciranse as seguintes afectacións ao tráfico nas inmediacións da intersección desde as 8.00 horas do luns 21 de agosto e as 15.00 horas do venres 15 de setembro.

Un corte do ramal de saída da A-6 en sentido Madrid, que estará pechado ao tráfico durante a execución das obras. Para este caso, as saídas recomendadas como alternativa ao ramal cortado serán a ligazón do p.k. 444 (As Nogais) para vehículos lixeiros, e p.k. 451 (Becerreá) para vehículos pesados. O resto dos ramais da ligazón do p.k. 438 permanecerán operativos.

Un corte dun carril entre os PP.KK. 441+200 e 441+600. Neste caso desviarase o tráfico polo carril contiguo co obxecto de manter o paso alternativo de ambos os sentidos de circulación.

Os traballos consisten na substitución da actual raqueta por unha nova glorieta pechada, debendo de executarse así mesmo a instalación dunha nova sinalización, balizamento e defensas e outras obras complementarias. Estas obras están a levarse a cabo no marco das actuacións para a mellora da seguridade viaria e o transporte de mercadorías das obras de emerxencia para a reconstrución dos viadutos do Castro.