Skip to main content
Antas de Ulla

Antas será a terceira xornada viaxeira do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

Despois do gran éxito da apertura en Friol, con 135 participantes, e da boa acollida da segunda experiencia en Guntín, máis de trinta inscritos a falta dun mes, que terá lugar o 9 de setembro, Antas acolleu a presentación da terceira xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

Pilar García Porto (alcaldesa de Antas), Lorena López Cedrón (xerente do GDR04 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terrras da Ulloa), e Guido Álvarez Parga (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado no que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

As inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000