Skip to main content
BecerreáFolgoso do CourelO Incio

O Festival dos Eidos da Fundación Uxío Novoneyra acollerá actuacións en diferentes concellos da provincia

Por 13 Agosto, 2023Agosto 14th, 2023Sin comentarios

O Festival dos Eidos, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra, celebrarase do 25 ao 27 de febreiro en Parada do Courel acompañado dunha programación expandida que abarcará eventos en Becerreá, Quiroga, Monforte e O Incio.

Uxío Novo, xerente da Fundación Uxío Novoneyra, e Branca Novoneyra, coordinadora da programación, debullaron a axenda do Festival, que celebra a obra de Uxío Novoneyra e particularmente o poemario Os Eidos.

Así, a poesía é parte fundamental do Festival coa participación de tres mulleres centrais na creación e na divulgación da poesía en Galicia como Chus Pato, Eva Veiga, Ana Romaní, Marina Oroza e Antón Reixa, que darán forma á homenaxe ao poeta oral Carlos Oroza, que viviu na casa de Uxío Novoneyra durante os anos setenta, polo centenario do seu nacemento e o ensaísta, crítico literario e tradutor portugués Joao Barrento, gardián do legado de María Gabriela Llansol, que irmandará a obra da poeta portuguesa e do poeta do Courel.

Na parte musical, o Festival conxuga os concertos de Os Resentidos e Radio Océano e grupos e músicas máis novas na escena musical en Galiza como Rhome e Xhackal. Ademais, haberá un espazo de lectura danzada, con Eva Valle, Nieves Neira Roca, María Grandío, María Corral Fernández e Beatriz Rodríguez Morales; cine, coa proxeción de Zumiriki de Óscar Alegría e dous roteiros, un ornitolóxico, pensado para o avistamento de paxaros con Xavier Vázquez Pumariño, e outro guiado pola Fundación Legar pola paisaxe sonora de Uxío Novoneyra.

A deputada de Cultura, Iria Castro, valorou o traballo da Fundación Uxio Novoneyra e lembrou “a colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa entidade para contribuír á súa labor de divulgación da obra de Uxío Novoneyra que é tamén unha labor de dinamización cultural e social do Courel e unha labor de proxección fóra das nosas fontreiras da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura, a través de programas e intercambios con outros países europeos”.