Skip to main content
Castroverde

Castroverde celebra a súa XVI Feira de Artesanía e Gastronomía este domingo

Por 14 Agosto, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 20 de agosto Castroverde acolle a súa XVI Feira de Artesanía e Gastronomía que contará con demostracións de oficios tradicionais, degustación de produtos gastronómicos e actuacións musicais.

Ás 10.00 será a apertura da feira e ás 11.00 dará comezo unha concertación de motos e coches clásicos no recinto feiral.

Eugenio Linares será o encargado de elaborar unhas esculturas de madeira con motoserra ás 11.30.

A recepción de autoridades terá lugar as 12.00 e irá acompañado da actuación da Asociación Cultura e Musical Zuncurrundullo cun percorrido polo recinto feiral.

A música e o baile tradicional estarán moi presentes ás 13.00 coa actuación da asociación cultural Legua Dereita para continuar co pregón ás 13.30 a cargo de Enrique González.

Ás 14.00 dará comezo a actuación da charanga Louband e o xantar típico galego para continuar as 16.30 cunha festa de inchables nas piscinas municipais.

A charanga Louband volverá a actuar ás 18.00 e as 19.30 será a quenda da compañía Muu co espectáculo circense Crunch! nas piscinas municipais.

Para rematar esta xornada ás 20.00 os asistentes poderán desfrutar dunha actuación de maxia a cargo do Mago Teto que realizara o seu espectáculo Pequenas grandes maxias na praza do Concello.

Durante todo o día poderase desfrutar de obradoiros artesanais así como de demostracións en vivo de diferentes oficios tradicionais.