Skip to main content
O Corgo

O Río Chamoso acolle o seu tradicional festival folk a fin de semana

Por 4 Agosto, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

O Concello do Corgo, coa colaboración da Asociación Cultural A Legua Dereita, organiza o Festival Folk Río Chamoso, que este ano cumpre a súa edición número XVIII.

O programa arrancará o sábado 5 con xogos e animación infantil a partir das 18.00 horas, que se completarán, ás 21.30 horas coas actuacións de Shenanigans e Grupo de Tres.

O domingo abrirá o programa de actos, ás 12.30 horas, a Feira de Artesanía e Oficios Tradicionais, durante a que atuará A Legua Dereita.

Á tarde está prevista a actuación de Gaiteiros de Saci-A Rebolaxe, nunha actuación dentro do programa Tradigalu, da Deputación.

Ás 17.30 horas comezará o propio Festival Folk coa actuación de E.M.B.T. de Coirós, xunto cos grupos Silandeiras e Repoludas e A.C. A Legua Dereita do Corgo.