Skip to main content
O Corgo

A Feira de ano de Gomeán celébrase este domingo

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

A Feira de Ano de Gomeán celebrarase este domingo día 13 en horario de 10.30 a 16.00 horas no Campo da Feira de Gomeán.

A Asociación de Veciños O Salgueiriño de Gomeán está a realizar un intenso traballo de recuperación desta tradicional, antiga e afamada feira que ademais cumpre nesta edición 100 anos de celebración nesta localidade pertencente ao concello do Corgo.

Ás 10.30 terá lugar a apertura da feira, á que asistirán diversas autoridades e na que haberá unha actuación musical de Legua Dereita.

Dende as 10.30 ata ás 16.00 haberá demostración de oficios artesáns como cestería, cerámica, realización de zocas, torneado de madeira ou a recreación do proceso do liño.

Neste horario os asistentes tamén poderán desfrutar dunha mostra de animais de razas autóctonas, maquinaria agrícola clásica e unha exposición de imaxes e datos antigos sobre a historia de Gomeán.

A exhibición canina agility celebrarase en horario de 11.00 a 12.00 e de 11.30 a 12.00 os asistentes poderán desfrutar dun paseo pola evolución da maquinaria agrícola.

ÁS 12.00 será a quenda do afiador onde a Fundación Legar e Xavier Blanco mostrarán instrumentos de música raíz. O concurso de manexo de porco celta terá lugar ás 13.00 e ás 13.45 será o desfile de traxes tradicionais.

Para rematar ás 14.00 haberá unha degustación de carne de Cachena con empanada, carne ao caldeiro con cachelos e pementos, queixo con marmelo, pan e bebida.

demostración de habilidades caninas, concurso de manexo de porco celta, degustación de carne de tenreira de raza cachena e actuacións que sorprenderán e, á vez, manterán viva a memoria colectiva do rural.