Skip to main content
O Corgo

Santiago de Gomeán estará de festas este venres e domingo

Por 29 Agosto, 2023Setembro 6th, 2023Sin comentarios

A localidade de Santiago de Gomeán, no Corgo, está de festa o venres 1 e o domingo 3 de setembro.

O venres, a xornada festiva dará comezo ás 22.00 cunha cea veciñal no campo da festa e unha verbena amenizada polo grupo Punto Clave.

O sábado haberá un parón das festas e continuarase o domingo ás 13.00 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do dúo Carpe Diem.