Skip to main content
Lugo

O PP reclama unha grúa para facilitar o baño na piscina pública

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

O PP denuncia que un ano despois a piscina exterior de Frigsa segue sin dispositivo de baño para persoas con mobilidade reducida.

No mes de outubro de 2022, a preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular, a concelleira sra. González Abelleira afirmaba en comisión que “a grúa estará dispoñible dende o primeiro día de apertura das instalacións”.

A día de hoxe, 2 de agosto, estas instalacións seguen sen estos dispositivos co conseguinte impedimento de acceso ao vaso para as persoas que teñen limitada a súa mobilidade.

“Lugo debe contar cuns servizos axeitados para toda a veciñanza, polo que a piscina de verán de Frigsa tamén debe contar cunha grúa moderna que sexa útil para que calquera persoa que o precise poda empregala para facer uso do vaso de baño”, explican dende o PP.

Gustavo Díaz pregunta ao goberno local se realmente pensan que Lugo é unha cidade amigable coas persoas se non facilitan a accesibilidade a un servizo fundamental no verán como é a piscina pública.

Os concelleiros Gustavo Díaz e Antonio Ameijide visitaron outras instalacións da provincia que dispoñen deste tipo de dispositivos para o baño.