Skip to main content
Lugo

O PP denuncia o mal estado dun trazado do Camiño Primitivo

Por 9 Agosto, 2023Sin comentarios

O Partido Popular vén de denunciar o ‘“lamentable estado que presenta a vía que sube dende o barrio da Ponte hacia A Louzaneta e que forma parte do trazado do Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade, un dos valores turísticos e culturais fundamentais da cidade”.

Os popular afirman que “o Goberno Local ten a obriga de manter os distintivos turísticos en perfecto estado todo o ano pero, especialmente, na temporada estival que é cando máis visitantes recibe a nosa cidade”.

A concelleira Flora Rubinos manifestou que “queremos que os turistas e peregrinos atopen unha cidade coidada e agradable e sexan un medio de difusión que leven o nome de Lugo polo mundo atraendo a outras persoas a visitar a nosa cidade” 

Para o Grupo Popular “o Camiño Primitivo, xunto a outros atractivos turísticos da cidade, constitúe un motor económico para a cidade polo que debe ser coidado con esmero”.