Skip to main content
Lugo

Infraestruturas executará traballos de mantemento na Ponte Romana de Lugo

Por 9 Agosto, 2023Sin comentarios

A Concellería de Infraestruturas realizará traballos de mantemento na Ponte Romana de Lugo, así a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou sobre a concesión das obras de consolidación que “garanten a integridade da estrutura logo dos danos producidos nos seus tallamares”, indicou.

A concelleira explicou que as obras de consolidación de ditos tallamares da Ponte Vella sobre o río Miño, “consisten inicialmente en repoñer os sillares perdidos durante o último inverno para evitar o seu colapso e os posibles danos que as crecidas puideran producir nas pilas”. Maite Ferreiro insistiu na “necesidade de que estes traballos se executen antes da finalización do período de estiaxe do río e do comezo do novo ano hidrolóxico en outubro”.

De non procederse á súa inmediata reparación, explicou Maite Ferreiro, “podería verse comprometida a estabilidade das pilas ante as eventuais futuras crecidas do río e impactos de arrastres, poñendo en grave risco a integridade da estructura”. A concelleira lembrou tamén a importancia histórica da infraestructura, “dotada de protección integral que forma parte do Camiño de Santiago, Ben de Interese Cultural, e que se atopa encravado dentro dunha zona Red Natura 2000, en concreto na Zona de Especial Protección dos valores Naturais (ZEPVN) Parga-Ladra-Támoga”.

A ponte xa sufrira danos hai un tempo, feito polo que o Concello de Lugo xa intervira a raíz das intensas chuvias rexistradas nos meses de inverno e que implicaron a caída e o arrastre de árbores ao longo da ribeira do río. A finais de xullo, explicou Maite Ferreiro, aproveitando o baixo nivel das augas habitual de esta época del año, a Concellería de Medio Ambiente retirou os troncos que permanecían encaixados para “posteriormente proceder a avaliar os danos que afectaron a tres tallamares nos que faltan varios sillares de pedra, quedando expostos á acción da auga”, especificou.

A Concellería de Infraestructuras será a responsable da súa reparación nunha obra que terá unha duración prevista dun mes e cun orzamento estimado de 76.070,57, informou Maite Ferreiro.